sábado, 30 de octubre de 2021

MERENDAS MONSTRUOSAS POLO SAMAÍN

 Chegou o Samaín ao Baliño!! 🎃

Que terrorificamente contentos estamos! Canto nos gusta a festa e en especial esta!

Para celebralo ademais doutras actividades, preparamos unhas arrepiantes merendolas nos diferentes grupos de convivencia coa inestimable axuda das titoras e resto de persoal que apoiou!

Nas dúas aulas de Infantil e en 1º e 2º de primaria, sorprendéronnos cunhas medorentas CABAZAS FRUTAIS. 



A rapazada de 3º e 4º decoraron unhas MANDARINAS MONSTRUOSAs e uns QUEIXOS MOMIA que metían medo.



E por último, nos cursos de 5º e 6º, deleitáronse cuns PLÁTANOS-CHOCOPANTASMAGÓRICOS!!!





Mirai, mirai e tomai nota de como nolo montamos no BALIÑO para gozar de merendas saudables e moi divertidas.

VIVA O SAMAÍN,

 VIVA O SAMAÍN, 

NO BALIÑO E CON LERÍN!!!!

 (Versos do rap creado e cantado polo alumnado de 3º e 4º. Atoparédelo na blog da biblioteca e na icona da radio escolar da nosa web)



Gracias aparte ao alumnado de 3º e 4º e a súa titora que tiveron a ben acordarse do resto de persoal docente e non docente neste día pavoroso e para que non "morreramos de fame", elaboraron na súa cociña terrorífica uns OLLOS DE OGRO cunha pinta deliciosa!!!












jueves, 28 de octubre de 2021

TARTA ANIVERSARIOS OUTUBRO: BISCOITO MÁRMORE (RECEITAS CON RUFO)

Seguimos cos nosos macro-aniversarios. Esta vez tocoulles aos nacidos e nacidas no mes de Outubro. 

Os nosos expertos e expertas en sobremesas, a rapazada de 1º e 2º de primaria, capitaneados pola súa titora e coa axuda de Bea, seleccionaron unha receita saudable do libro Grandes Receitas: O raposo Rufo (de Dani Viéitez e Iria Iglesias) os papis dos nosos compis Fiz e Lila. 



Preparáronos un marabilloso BISCOITO MÁRMORE.

Os ingredientes que empregaron seguindo a receita foron:

  • leite
  • fariña
  • lévedo en pó
  • ovos
  • aceite
  • cacao
  • azucre
Por suposto, non olvidar lavar ben as mans antes de poñerse a manipular alimentos. É esencial manter uns hábitos de hixiene axeitados!
Velaquí tendes o Como se fixo e o resultado final.


Se vos animades a facelo, non esquezades que temos a vosa disposición o libro para empréstito na biblioteca de Lerín!📖

miércoles, 27 de octubre de 2021

ARTE EN SAMAÍN CON MAZÁS

 A titora do grupo de 4 e 5 anos, propúxelles aos seus pequenos e pequenas unha actividade moi orixinal, na que descubriron que ademáis de como alimentos saudables, as mazás podían ter máis utilidades.

A proposta estivo rodeada de arte e creatividade coa temática do momento: Estampar mazás para dar vida a cabaciñas terroríficas de Samaín.

Aquí tendes unha pequena recolleita fotográfica da sesión cos artísticas de infantil. 

Probai a facelo e dade renda solta a vosa imaxinación coma eles e elas!




ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA