lunes, 11 de octubre de 2021

XOGOS NA ASEMBLEA DE INFANTIL CON FROITOS DO OUTONO

Os máis pequechos do cole xogan e aprenden durante a asemblea matutina con froitos e elementos do outono: castañas, landras, follas... 

Realizan mandalas, asocian cantidade e número, fan seriacións... Empregando materiais que atopamos na natureza e achegando a aprendizaxe ao entorno máis próximo, traballan creatividade, atención, lóxica-matemática, respeto de quendas e moitos aspectos máis.

Deixámosvos fotos dos seus momentiños na aula!







sábado, 9 de octubre de 2021

SALVAMANTEIS EN 4º INFANTIL

OS PEQUENOS E PEQUENAS DE 3 ANIÑOS, XUNTO COA SÚA MESTRA TAMARA, FIXERON UNS BONITOS E ÚTILES SALVAMANTEIS PARA EMPREGAR DURANTE O TEMPO DA MERENDA.

Para a decoración empregaron diferentes froitas: uvas, kiwis, plátanos, amorodos, arandos, piña, sandía...🍎🍐🍉🍊🍌🍍🍓🍒 Cada un elixiu os que quería e pegounos! Unha tarefa sinxela pero moi vistosa e creativa, ademáis de saudable😋



POÑEN A MESA, MERENDAN E RECOLLEN! 🍴

Cousiña importante ademais da alimentación é que a rapazada adquira hábitos de hixiene e limpeza antes, durante e despois do propio proceso de alimentación. Así que velaquí os tendes gozando deste tempiño xuntos compartindo.
Deixámosvos cos e coas protagonistas: Miro, Odra, Defne, Arón, Anxo, Irene e Thiago. 
ESTADES FEITOS UNS ARTISTAS!








jueves, 30 de septiembre de 2021

TARTA ANIVERSARIOS SETEMBRO

 
Como xa vos temos contado por aquí (refrescamos para @s nov@s que nos visitades), no Baliño, celebramos macro-aniversarios! Xa de antes e máis agora coa situación que nos tocou vivir (Covid-19), os aniversarios celebrámolos mensualmente cunha sobremesa todos xuntos (pero separados, que non cunda o pánico) no noso comedor.

Desta volta, tócanos festexar os nacidos e nacidas no mes de Setembro...

A mestra Maite xunto con Bea (a nosa cociñeira) e os nenos e nenas de 1º e 2º, son os encargados de realizar a sobremesa e sorprendernos. 

PARABÉNS PARA TOD@S!


ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA