martes, 10 de octubre de 2023

O millo

Os pequenos e pequenas de 1º e 2º, xunto co seu titor Jimmy, investigan sobre o Reino Vexetal, na área de Ciencias Naturais, e decidiron profundizar no coñecemento deste producto, O MILLO e as súas posibilidades. 

Empregaron os sentidos para ver, ulir, manipular…facendo diferentes actividades co millo: debullar, contar, clasificar en grupos de 10 (aproximación á decena), debuxar, coñecer a planta e as partes (follas, carozo…) e ata aprendemos unha canción que conta moitas cousiñas de cal é o proceso a seguir para obter fariña do millo. Temos pendente intentala facer nós mesmos!

Foi unha actividade xenial!  



jueves, 5 de octubre de 2023

Actividades na nosa hortiña e no noso xardín

O Monte Baliño comezou as súas actividades de preparación e mantemento do entorno da escola, xardín e horta.

Actividades interdisciplinares e coordinadas realizadas dentro dos Proxecto "Voz Natura" e Plan Proxecta "Nutriescolas" no que participamos dende o CEIP PLURILINGÜE MONTE BALIÑO. Diferentes grupos, baixo supervisión de mestres e mestras, realizaron diversas tarefas: plantación de arbustos e plantas aromáticas (aproveitando como testos decorativos, neumáticos vellos decorados) e plantación de verduras de tempada e recollida de froitos como a cabaciña que podedes albiscar no video.





  

miércoles, 4 de octubre de 2023

EXCUSIÓN GRANXA O PALOMAR (LÁNCARA) E PRODUTOS LÁCTEOS

Grazas a ANPA da nosa escola, os pequenos e pequenas habitantes do Baliño, realizamos unha excursión a unha granxa próxima situada na Láncara e chamada O Palomar.  Seguimos coñecendo a nosa galicia, e en concreto a nosa provincia, Lugo, achegándonos ao noso entorno, abrindo as portas das aulas e aprendendo fóra delas. O noso pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti" parece que nos pode dar para moito.

O Palomar, é unha granxa familiar de gando vacún de leite en intensivo, con recría en extensivo e sistema de muxido. Realizamos diferentes actividades: interactuar coas vacas e alimentar aos xatos con biberón, obradoiro de muxido dunha vaca, escoitar video-conto en primeria persoa da vaca Salomé, obradoiro de facer queixo fresco a mans da avoa Carme (escoitando as súas directrices e experiencias) e finalmente degustando uns deliciosos produtos derivados do leite: queixo, tortas, biscoito, leite fervido, iogures naturais... 

Vaia paparota de merenda!!!

Canto aprendemos e que ben nos trataron... 





ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA