jueves, 13 de abril de 2023

SEGUIMOS CO NOSO HORTO

 Coa chegada do bo tempo seguimos coa posta ao día do noso horto escolar. Así que aquí nos vendes mans á obra. Limpamos herbiñas malas e plantamos para que pronto poidamos ir recollendo para os nosos menús do comedor.

A cativada do noso centro, a través destas actividades aprenden facendo a orixe dos alimentos e o cultivo da terra, actividade ligada ao PDI do presente curso "Miña terra galega"






martes, 11 de abril de 2023

As mazás

A cativada do Baliño está a traballar un miniproxecto cunha das froitas máis coñecidas: as mazás.

Como o Pdi do noso cole é “Miña terra galega” tiveron claro a froita que elexirían. A nosa terriña está chea de maceiras que agora mesmo se atopan en flor. Que bonita é a primavera!

Desta vez, realizaron un experimento de FLOTACIÓN, para o que, coma bos científicos e científicas, plantexaron as súas hipóteses que posteriormente corroboraron. As mazás flotan ou afunden na auga.? Pois resulta que flotan! 

E xa que estaban, pois aproveitaron para lavalas ben lavadiñas, cortáronnas e prepararon uns espetos de mazá para a súa merenda.

Traballaron aspectos como: hábitos de hixiene e alimentación saudable, autonomía, atención razoamento, motricidade fina, coordinación óculomanual, asociación cantidade (dame/colle tres…), conteo (cantos anacos hai? Cantas mazás temos?, valores coma o traballo en equipo, respecto… Unha actividade moi completa que non acaba aquí…  

Pronto teremos novas destes pequenos e pequenas e as súas aventuras coa froita… Poderedes esperar?

Grazas profe Lara e Alba por compartir con todos as vosas investigacións.



DISTRIBUCIÓN DE LEITE FRESCA NOS TEMPOS DE LECER

Comeza o período de distribución de leite líquido de consumo durante os tempos de lecer dende o día 11 de abril de 2023. 

Esta distribución é posible, grazas a participación na convocatoria de axudas destinadas a suministrar froita fresca, castañas e leite ao alumnado dos centros escolares galegos durante o presente curso 2022-23, xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), dependente da Consellería do Medio Rural. 



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA