miércoles, 15 de marzo de 2023

GANDARÍA PULUÁN S.C. LEITE E QUEIXOS DA NOSA RIBEIRA SACRA

Co gallo do día da Muller 8 de Marzo, recibimos no Baliño a algunhas mulleres do noso entorno que se ofreceron voluntariamente para falarnos dos seus traballos. Entre estas fantásticas mulleres, tivemos o gusto de acoller a Puri, dona xunto co seu marido e fillos dunha explotación leitera familiar en Monforte, na que aproveitan o leite que producen as súas vacas para transformalo en queixos. Como iniciativa distintiva, contounos que maceran algúns dos seus queixos en viños Mencía para aproveitar o prestixio da zona na que se ubican. 

Ademais deste queixo elaboran queixo fresco, semicurado e curado en formatos de kilo e medio kilo.

Explicounos o que fan no día a día na súa explotación, como reparten e colaboran no traballo, cales son os produtos que elaboran e cal e o proceso que seguen... Aprendemos de onde veñen certos alimentos e que detrás do seu consumo teñen un arduo traballo e proceso de elaborado. Fixémoslle moitas preguntas! Pasamos un bo rato xuntos

Despois Puri agasallounos cuns queixiños que ese mesmo día degustamos no comedor acompañados de marmelo para a sobremesa...

Podémosvo recomendar encarecidamente porque estaba delicioso!!!

Moitas grazas Puri e familia!!







lunes, 13 de marzo de 2023

SEMANAS DE REPARTO DE FROITA FRESCA NOS TEMPOS DE OCIO

Dende o luns 13 de marzo e ata o venres 24 de marzo deste curso, procederase ao reparto de froita fresca durante os tempos de ocio.

Esperemos que gocedes comendo froita rica e saudable!!!



miércoles, 1 de febrero de 2023

PIRIXEL EN ENVASES DE REFUGALLO

Hoxe a rapazada de 3º e 4º de Primaria, dirixidos pola súa titora Maite, empregando envases de botellas de refugallo, plantaron sementes de pirixel de folla lisa para posteriormente trasplantar a nosa horta do cole.

Como vedes seguimos preparando e coidando o noso pequeno horto, para posteriormente aproveitar os produtos obtidos nos menús do noso comedor. É unha actividade de concienciación e visibilización que traballa moitos valores como o coidado da natureza e o medio ambiente, posibilidades que nos brinda o cultivo e aproveitamento do que a terra nos da, seguindo o fío conductor do noso proxecto de investigación común "Miña terra galega".












ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA