lunes, 8 de noviembre de 2021

SENDA MICOLÓXICA

Este luns 8 de novembro fixemos unha interesante, divertida, saudable e educativa saída ao monte. Pero... e por que fomos alí?

Pois resulta que estamos en época de recolleita de cogomelos e por sorte, Iván, o pai de Thiago, o noso compi de 2º primaria, acompañounos e guiounos polo mundo da ciencia da Micoloxía.

Preparamos as nosas cestas e alá marchamos. Iván explicounos todo moi ben e tivo unha enorme paciencia con nós. Porque non vos dixen, pero á saída marchamos todo o cole (organizados por grupos de convivencia e cos nosos tapabocas ben postiños). Non podiamos deixar escapar tal ocasión!

Grazas IVÁN por acompañarnos nesta aprendizaxe e aventura!!

Deíxovos o video desta sesión polo noso entorno e unha fotiño coa exposición que montamos cos exemplares atopados!! MOITO OLLO!!!





viernes, 5 de noviembre de 2021

TAREFAS DA HORTA

 A nosa pequena hortiña segue a crecer! A natureza é sabia pero nós tampouco esquecemos as tarefas que debemos levar a cabo para que todo siga a súa traxectoria.

Tocounos plantación e os nenos e nenas da aula de 4 e 5 anos prestáronse moi amablemente para colaborar nos quefaceres da terra. Foi a quenda dos porros!! Cantas cremiñas imos facer con eles!!😋😋😋😋😋😋




Que pracer velos disfrutar e aprender facendo!!


miércoles, 3 de noviembre de 2021

MARMELO CASEIRO

Seguimos coas nosas propostas para mellorar a alimentación e facela atractiva e próxima aos nosos nenos e nenas. 

Nesta ocasión @s cocinitas de 1º e 2º preparan marmelo caseiro!!

Non saiu moi consistente, tiña unha textura máis de marmelada, pero non pensedes que o desaproveitamos... Untaron unhas torradiñas de pan con queixo e por riba botaron o marmelo.

Compartíronno no tempo de ocio da mañá co resto de alumnado do cole! tiveron moito éxito!

A verdade é que aprendemos que non sempre todo sae ben a primeira, que o erro está permitido en todo na vida!! 





ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA