Ummmmmmm...que pintaza!! Por fin, chegan os froitos do traballo ben feito e de saber esperar.
Recollemos os kiwis do noso horto para poder gozar do seu delicioso sabor nas sobremesas do comedor!!
Benvidos ao noso blogue Aliménta-t Baliño. Nel recolleremos todas as actividades e receitas que realicemos dentro do proxecto ALIMÉNTATE BEN no que participamos. O noso obxetivo é concienciar sobre hábitos de alimentación o máis saudables posibles, coñecendo os diferentes alimentos e as súas características e manipulándoos dun xeito o máis atractivo e motivador que poidamos. Animádevos a quedar con nós e seguir as nosas alimenta-aventuras!
Ummmmmmm...que pintaza!! Por fin, chegan os froitos do traballo ben feito e de saber esperar.
Recollemos os kiwis do noso horto para poder gozar do seu delicioso sabor nas sobremesas do comedor!!
Estes días no comedor, estamos a deleitarnos co sabor delicioso e natural das leituguiñas que temos plantadas no noso horto. 🥗
O noso alumnado coida del, e non creades que é sinxelo porque as galiñas do veciño🐓🐓, tamén dan conta do ricas que están e entran a intentar peteirar nelas. Temos que azualas para que marchen e nolas deixen para comer nós!! Algo temos que idear para poñerllo difícil!
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que boas as temos!
Ola amigos e amigas do blogue do Aliménta-t ben do Monte Baliño. Aquí estamos de volta!!✋✋✋✋
Unha pandemia e un confinamento non ían poder con nós; así que voltamos, con máis ansia se cabe, a encher este oco virtual das nosas ideas para fomentar unha alimentación saudable e a aprendizaxe sobre os alimentos nos recunchos das nosas cociñas.
Que mellor maneira de dar comezo que cunha entrada festeira, celebrada en pleno Samaín. Unha festa da que gozamos no noso cole rindo co medo! Desta volta, a proposta foi decorar de xeito creativo e temático mandarinas e plátanos.🍌🍌🍊🍌🍊 Fixémolo con "iron fix", na pel destas froitas e de xeito individual, co gallo de respectar as medidas sanitarias impostas. Por suposto, un BO LAVADO DE MANS ANTES DE COMEZAR!!
Deixaron voar a imaxinación a lugares recónditos para facer as súas creacións máis arrepiantes e porque non, co seu toque de diversión!! Os nosos alumnos e alumnas son uns cracks.
Mirade que ben o pasaron e cales foron os resultados!