viernes, 17 de junio de 2022

BATIDO REFRESCANTE DE FROITA e ROBÓTICA

Para ir rematando este curso tan intenso e coas altas temperaturas que estamos tendo 😎😅, ocorréusenos preparar un delicioso batido saudable para refrescar os nosos últimos días de cole.

Así que... dito e feito! A rapazada de 1º e 2º de primaria, moi disposta por certo, foi quen se encargou de todo. Decidimos facer un batido cos seguintes ingredientes: 🍎🍌🍍

  • amorodos
  • plátanos
  • piña
  • iogur natural
  • leite

Nada de azucres engadidos!!!
O paso a paso? Moi sinxelo.
  1. Lavar amorodos e retirar as folliñas verdes.
  2. Pelar os plátanos.
  3. Trocear a piña.
  4. Verter todo no batedor, incluindo o leite e o iogur natural
  5. Bater ata desfacer todos os anaquiños de froita.
  6. Meter no frigorífico.
  7. Servir frío e disfrutar...!!😋😋🍹 












Pero a cousa amiguiños e amiguiñas, non quedou aí...Tiñamos aproveitar a actividade para facer algo máis. Entón pensamos que poderiamos empregar a robótica para traballar a nosa orientación espacial, a programación, dar indicacións e a lectura. O noso robot tivo que ir recompilando os ingredientes e os pasos da elaboración da receita! 
Aquí tendes fotiños do concentrados e concentradas que estabamos...





viernes, 3 de junio de 2022

PIRÁMIDES ALIMENTICIAS

Coa teacher Nati, o alumnado de 5º e 6º de Primaria    realizou unha pirámide alimenticia en inglés seguindo uns pasos:

1º. Búsqueda de información sobre os chanzos da pirámide

.Responder a preguntas acerca de que alimentos ian en cada un deses chanzos e a frecuencia con que se podían consumir

.Empregando a técnica do collage e valéndose de folletos de supermercados, foron recortando alimentos para encaixar en cada chanzo.

4º.Escribiron o nome en inglés dos alimentos seleccionados

Empregaron material de refugallo para a base da actividade (cartón) e pintáronna seguindo o código de cores do semáforo nutricional. 

Coma sempre, deixámosvos fotiños dos seus traballos!

Grazas ao alumnado e a teacher polas súas ideas.

Velaquí as fotiños dos resultados!!

Every child is an artist,

the problem is staying an artist when you grow up!

(Pablo Picasso)

Seguide facendo ARTE rapazada!!! 









ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA