domingo, 3 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE MANTEIGA

 

No anterior trimestre, fixemos unha saída á Granxa Casa da Fonte, preto do noso centro, actividade da ANPA e que enmarcamos dentro do noso Pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti".Quedounos pendente unha actividade.

O venres realizamos un obradoiro de MANTEIGA, na que Eros nos contou o proceso para poder elaborala e posteriormente repartiu un anaco a cada participante para que a manipulásemos e lle désemos forma. Envolvémola e levámola á casiña para compartir coa familia e unhas deliciosas torradas nunha merenda ou almorzo.

Grazas a Eros, a granxa Casa da Fonte e a nosa ANPA por facelo posible!



lunes, 12 de febrero de 2024

SOBREMESAS DE ENTROIDO. CONVIVENCIA FAMILIAR

 AIIIIIIII  que ganiñas tiñamos de ENTROIDO!!! Esta festa tan tradicional galega e que en certas provincias da nosa Comunidade se celebran con multitude de eventos e que tanta sona ten no mundo enteiro. Por exemplo, o Entroido ourensán de Xinzo da Limia, Verín, Laza... ou o de Chantada (Lugo), do que fixemos algunhas pesquisas, xa que recordamos que o noso Pdi deste ano leva por título "Coñecendo a nosa provincia: Lucus Augusti"

Pois despois dos xoves de compadres e comadres, dos mandadiños do noso Meco Lerín e dunha festa rachada na que por grupos de nivel nos disfrazamos de oficios antigos típicos da provincia lucense (viticultor@s da Ribeira Sacra, pescador@s do río Sil e Miño, carpinteir@s expertos en cubas do viño e apicultores de Pantón...) degustamos xunto coas nosas benqueridiñ@s familias, sobremesas típicas de Entroido realizadas por elas e que compartimos nunha xornada de convivencia familia-escola.







domingo, 7 de enero de 2024

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA